O pasado 27 de outubro tivo lugar no Auditorio de Verín o segundo día das I Xornadas de Emprendemento e Orientación Profesional. As xornadas acudiron o alumnado de Bacharelato e FP de grado medio e superior, na que puideron aprender da man de diferentes orientadores profesionais da contorna de Verín. Na mesa redonda, moderada por Daniel Veiga (orientador do IES García Barbón), participaron Lucía Aparicio (orientadora do GDR Portas Abertas), J. Carlos Manso (orientador de UGT en Verín), Julia Morales (axente de emprego e desenvolvemento local do concello de Verín) e Cristina Silva ( profesora de Formación e Orientación Laboral do IES García Barbón).
A partir das 12 horas, Antonio Rial impartiu a conferencia “A Formación Profesional como motor de emprego” na que se analizou a evolución da FP nos últimos anos.